Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Capitanía Marítima seguirá en Corme pese á xubilación do actual responsable

Así llo confirmou a subdelegada do Goberno na Coruña ó alcalde de Ponteceso

A Capitanía Marítima seguirá en Corme pese á xubilación do actual responsable. Así llo confirmou a subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, María Rivas, ó alcalde de Ponteceso, Lois García.

Despois de 29 anos de dedicación no porto cormelán, o capitán marítimo encargado xubilarase este mes de marzo. O rexedor do Concello quixo asegurarse de que, pese a este trámite, a autoridade portuaria continuaría permanecendo en Corme.

Con esta fin, García reuniuse con Rivas, a cal lle disipou todas as dúbidas. É unha boa noticia para a vila, que vive ligada ó sector do mar.

Dende o Concello aproveitamos para felicitar ó capitán marítimo pola súa labor ó longo de todo estes anos.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso