Glaücor Ingeniería está situada no polígono de Tella
O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, felicita á empresa Glaücor Ingeniería, situada no parque empresarial de Tella, pola súa participación como relatora no webinar do Clúster Alimentario de Galicia “Casos de éxito no desenvolvemento de ferramentas para a dixitalización do sector lácteo”. Será o día 2 de marzo, ás 9.30 horas. Os interesados en seguilo pódense anotar na ligazón que figura ó final desta nova.
Esta actividade prodúcese dentro do proxecto ML4Milk “Desenvolvemento e validación de técnicas de procesado masivo de datos para a optimización do rendemento de procesos produtivos e da calidade do produto final no sector lácteo e a súa cadea de valor”. Este está coordinado por Clusaga, recibe financiación da convocatoria 2021 do programa de Agrupacións Empresariais Innovadoras, e nel participan a empresa pontecesá e outras importantes do sector lácteo.
O 2022 é o ano dos emprendedores en Ponteceso e dende o Concello animámolos a seguir na mesma liña de despegue e innovación.
Ligazóns recomendadas