Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Charlas destinadas ás familias sobre o consumo de sustancias e o uso das novas tecnoloxías

A Asociación Vieiro oferta ao Concello de Ponteceso estas ferramentas de prevención

Ante o incremento de condutas aditivas que a Asociación Vieiro vén detectando dende hai varios anos, faise necesaria unha prevención que dote de estratexias e ferramentas á cidadanía e, sobre todo, ós adolescentes, para evitar establecer unha relación de dependencia con sustancias aditivas e que nos permita utilizar de forma correcta as novas tecnoloxías.

Dado o contacto que a Asociación Vieiro ten cos adolescentes a través dos programas de prevención escolar, detectouse a crecente necesidade de abordar a prevención dende diferentes ámbitos. As novas tecnoloxías están en pleno auxe e, aínda que teñen moitos aspectos positivos, non existe unha educación que nos prepare para a súa correcta utilización, o que acaba provocando que nos atopemos con menores que fan un mal uso delas e onde xa existe unha relación de dependencia.

Por todo isto, a Asociación Vieiro oferta a este concello charlas de prevención en condutas aditivas destinadas ás familias para abordar non só a prevención do consumo de sustancias senón, tamén, o uso das novas tecnoloxías, redes sociais, chats, etcétera. No caso de estar interesados/as en acudir ás charlas en Ponteceso, poden anotarse no Concello no teléfono 881 983 223.

Concello de Ponteceso