Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello celebra o 8M cunha exposición de fotos que leva por nome “Ponteceso empoderado”

Ilustra ás mulleres da vila nos seus traballos e dende o próximo luns percorrerá os centros educativos do municipio

O Concello de Ponteceso conmemora neste 8 de marzo o Día Internacional da Muller cunha exposición de fotos que retrata ás mulleres da vila desempeñándose nos seus oficios. Catorce rostros e quince instantáneas buscan representar a igualdade de xénero nos traballos, facendo extensivo á sociedade en xeral.

Alicia, Nuria, Ana, Adriana, Natalia e Loly, Mari Carmen e Lorena, Adela, Chelo, Sonia e Estrella, Alejandría e Lucía son as protagonistas das imaxes, a través das cales transmiten valor, felicidade, seguridade e sabedoría. Aprovéitase a iniciativa para felicitalas polos seus logros.

A mostra, que leva por nome “Ponteceso empoderado”, e na que cada captura está acompañada dunha mensaxe alentadora para apoiar o movemento feminista, percorrerá os centros educativos da vila dende o próximo luns. Con inicio no IES Eduardo Pondal (Ponteceso), continuará polo CEIP Eduardo Pondal (Ponteceso), o colexio As Forcadas (Corme) e o CRA Nosa Señora do Faro. Estará unha semana en cada un deles para educar en valores de igualdade dende a infancia e a adolescencia.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso