Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O IES Eduardo Pondal acolle a exposición «#SomosQuen: científicas preto de TI»

O Concello colaborou para que a iniciativa do CiTIUS chegue ás rapazas e nenas máis novas da localidade

O IES Eduardo Pondal de Ponteceso conta estes días coa exposición «#SomosQuen:
científicas preto de TI» do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS). Trátase dunha mostra de nove investigadoras do eido da tecnoloxía, que están en distintas fases da súa carreira e que reflexionan sobre o seu papel como
mulleres e científicas deste centro.

«Non te conformes», «Nada é difícil se che gusta», «Busca e decide» ou «Atrévete comigo!» son só algunhas das mensaxes que envían ás rapazas e nenas máis novas con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, celebrado o pasado día 11 de
febreiro. O Concello colaborou para que esta iniciativa poida chegar ó alumnado
pontecesán. É importante visibilizar o traballo que fan as investigadoras para achegalo á rúa mais para reivindicar o seu papel como mulleres no ámbito da ciencia.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso