Recomendacións para axudar á poboación ucraína de forma eficaz
O Concello lembra que na actual situación de crise que se vive en Ucraína, TODA A CIDADANÍA PODE AXUDAR ás vítimas inocentes que sofren as consecuencias do conflito armado. PERO, para que as axudas cheguen correctamente, aconsellamos que as achegas se realicen A TRAVÉS DE ORGANIZACIÓNS ou organismos que están traballando para axudar á poboación ucraína.
Adxuntamos a lista das entidades con presenza en Galicia que están colaborando directamente no terreo:
- Médicos del Mundo: https://www.medicosdelmundo.org/ayuda-ucrania
- Entreculturas: https://www.entreculturas.org/es/home
- Educo: https://www.educo.org/landing/emergencia-ucrania
- Farmacéuticos Mundi: https://farmaceuticosmundi.org/solidaridad-con-ucrania/
- Ayuda en Acción: https://colabora.ayudaenaccion.org/.../es/emergencia-ucrania
Para máis información, pódese consultar: https://galiciasolidaria.org/como-apoiar-a-poboacion-na.../
- Cruz Vermella: Chamamento da Federación lnternacional da Cruz Vermella e a Media Lúa Vermella e do Comité lnternacional da Cruz Vermella, canalizado a través da Cruz Vermella Española: www.cruzvermella.gal
- UNICEF: Chamamento do Fondo das Nacións Unidas para a lnfancia:
https://www.unicef.es/ayuda-ucrania?lc=9923&fc=9923
- ACNUR (Agencia de Naciéns Unidas para os Refuxiados): https://eacnur.org/es/crisis-ucrania
Para máis información sobre chamamentos doutros organismos internacionais, pódese consultar: https://www.aecid.es/.../Tus%20campa%C3%B1as/Ucrania.aspx
Ademais, lembramos que DESACONSELLAMOS AS DOAZÓNS EN ESPECIE DE MEDICAMENTOS ao resultar menos eficiente este tipo de axuda e constituír unha mala práctica no ámbito da axuda humanitaria.
O Concello, facéndose eco do comunicado conxunto entre Xunta de Galicia, FEGAMP e as entidades antes nomeadas, lembra que todos podemos axudar, pero é preciso facelo de forma efectiva para que as vítimas inocentes afectadas por esta invasión de Rusia a Ucraína poidan encontrar un alento en medio da desesperanza do terror.
Descargas asociadas