Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo de inscrición para a II Popular Faro Roncudo-Corre por Ucraína

As persoas que ademais o desexen, poden realizar unha doazón tanto na plataforma de Carreiras galegas como nas de Cáritas

O vindeiro 10 de abril, os deportistas volverán a disputar a carreira popular “Faro Roncudo”, que nesta segunda edición terá un carácter solidario con Ucraína. O Concello de Ponteceso, organizador da competición, anuncia que xa está aberto o prazo de inscrición “Corre por Ucraína”, que é gratuíta, e anima, tanto a corredores como a afeccionados, a participar, facendo, ademais, unha achega económica.

Todo o recadado, tanto dos atletas como dos que merquen o dorsal 0, irá destinado ás vítimas inocentes do país europeo invadido por Rusia. As persoas interesadas poden apuntarse en Carreiras Galegas - Federación Galega de Atletismo. As axudas tamén poden realizarse a través das seguintes contas bancarias de Cáritas Diocesana de Santiago:
• Banco Sabadell: ES21 0081 2130 4300 0103 7210
• Abanca: ES18 2080 0319 6030 4000 8096.
• Banco Santander: ES44 0049 2584 9210 1001 7670
• BBVA: ES73 0182 5947 1400 1657 0006
• Caixabank: ES39 2100 6040 6102 0000 6288

A carreira absoluta comezará ás 11.00 horas na Praza da Ribeira de Corme, en dirección ata o Faro Roncudo, para regresar ó punto de inicio. A pobra reina, de 6,2 quilómetros, acollerá ata un máximo de 250 deportistas. Destaca pola súa beleza paisaxística.

As 150 prazas restantes estarán divididas nas categorías sub18 e sub17, con saída ás 12.15 horas e un percorrido de 2 quilómetros. Ás 12.30 será a quenda dos participantes das sub14 e sub12 para correr 1 quilómetro. Xa ás 12.45 tocaralle ós da sub10 con 500 metros. Por último, ás 13.00, saíran os da sub8 para percorrer 200 metros.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso