Os galardoados foron once alumnos do IES Eduardo Pondal
O alumnado do IES Eduardo Pondal vén de acadar o I Premio Otero Pedrayo a estudantes. Hadrián Félix Neira fíxose co galardón individual, e Andrea, André, Lucía, Aroa, Clara, Yaiza, Pablo, Ismael, Jorge e Roi, xunto co propio Hadrián, conquistaron, tamén, o título colectivo. É un certame convocado pola propia fundación do escritor galego.
O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García, e a concelleira de Educación, Maite Chouciño, recibíronos este mércores, 16 de marzo, na casa consistorial para recoñecerlles o seu traballo e premialos cuns obsequios. Días antes, este grupo acudiu recoller o propio premio, da man da fundación Otero Pedrayo, á súa sede, no Pazo-Museo de Trasalba, en Amoeiro (Ourense), propiedade do escritor.
Descargas asociadas