Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso mellorará a súa conexión móbil e cobertura con novos despregues 4G e 5F con Llega700

Unha nova tecnoloxía que permitirá aos pontecesáns gozar de servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios

A conexión móbil e a cobertura no Concello de Ponteceso mellorará cos novos despregues 4G e 5G, nas bandas de 700 e 800 MHz que a empresa Llega700 instalará os vindeiros días en toda a localidade. Unha mellora da que foi informado o Concello a través do alcalde, Xosé Lois García Carballido.
As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que durante as vindeiras semanas realizarán en Ponteceso o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá aos pontecesáns gozar de conexión móbil de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.
Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción da sinal de televisión.
O proceso de implantación así estase realizando de xeito paulatino por toda a xeografía nacional. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pode consultar a seguinte ligazón: https://www.llega700.es/contacto_mapa.php
O despregue, enmarcado no establecido no Real Decreto 579/2019, de 11 de outubro, a partir do cal procedeuse á liberación das frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles 49 ao 60 de UHF) que se empregaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. Desde entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.
Principais vantaxes: máis e mellor cobertura
Coa nova rede móbil abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición) ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións online, como os videoxogos.
A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce dúas melloras fundamentais. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relativos con orografías complicadas presentes na xeografía española onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda, é a gran penetración en zonas interiores dos edificios.
A nova xeración tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videochamada, entre outros.
Ademais, a maior cobertura que acada o despregue nas bandas de 700 e 800 MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeográficamente o servizo de xeito eficiente.
Garantindo a compatibilidade da rede móbil de nova xeración e a TDT
Llega700 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garante a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT.
Para garantir esta compatibilidade, Llega700 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúe un procedemento correctivo tras o acendido das estacións, polo que Llega700 se encargará de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen custe algún.
Para xestionar estes servizos está a disposición dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha paxina web www.llega700.es.

Concello de Ponteceso