Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso co apoio da Fundación Pondal organizan o VI Certame Internacional de pintura ao aire libre “FERNANDO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR” con importantes novidades.

A VI edición do certame pontecesán, celebrarase o día 23 de xullo.


Onte, as 12:30h da mañá presentouse na Casa de Maya de Soutomaior, neta do pintor, o
VI Certame Internacional de pintura ao aire libre “FERNANDO ÁLVAREZ DE
SOTOMAYOR”. O VI Certame encherá o mes xullo de actividades en tódalas
parroquias de Ponteceso implicando aos grupos musicais locais e a tódalas asociacións
de cada parroquia. Abriu o acto o rexedor, Xosé Lois García Carballido, indicando que
por vez primeira os diferentes participantes do certame serán situados por todo o termo
municipal e que serán as asociacións quen terán o poder de decisión sobre onde se
colocarán os participantes, ben sexa para pintar unha paisaxe, un monumento ou
elemento etnográfico. Un dos cadros que se pinte en cada parroquia quedará como
obsequio para a propia asociación veciñal – cultural.
Maya Álvarez Soutomaior, neta do creador homenaxeado, declarou: « Fernando
Álvarez de Soutomaior, que tanto amó a esta tierra, la plasmó en sus cuadros pintando a
toda la gente del lugar»; Maya tamén explicou que estaría ben facer unha exposición
coas imaxes que captaba o seu avó que as usaba para, con posterioridade, facer retratos
dos personaxes da localidade. «Mi abuelo iba por las aldeas siempre y hacía fotos de
personajes que a él le interesaban para pintarlos, segadores segando, los oleiros
trabajando el barro o el lino».
Outro neto do pintor, Fernando, cunha casa histórica en Xornes, tamén apoiou o acto.
Representantes de varias asociacións acudiron apoiar a presentación.
Os e as artistas interesados/ as deben realizar a inscrición enviando un correo
electrónico a pinturasotomayorponteceso@gmail.com. O número de participantes
mantense coma en anteriores edicións, serán dun máximo de 100.
Haberá un total 20 premios un primeiro premio de 3.000€, un segundo premio de
1.500€, un terceiro premio de 1.000€, un cuarto premio de 600€ e un quito premio de
500€. Ademais repartiranse 15 premios con un importe total de cada un de 400€.

Concello de Ponteceso