Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso participará na organización dun transporte gratuíto para os asistentes á XI Feira de Emprego, en Carballo

Será a través do Servizo de Orientación laboral dos concellos de Ponteceso e Cabanade Bergantiños que xestionará o desprazamento en caso de acadarse a cifra suficiente



O serivizo de orientación laboral dos concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños organizará un transporte gratuíto para os asistentes á XI Feira de Emprego que se celebrará en Carballo. En caso de que o número de persoas interesadas acade a cifra suficiente organizaríase dito desprazamento.
A XI Feira de Emprego será o vindeiro 31 de maio no Forum de Carballo, está dirixido a mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, é dicir, entre 16 y 29 años, que se atopen en situación de non estudo e non traballo.
As inscricións levaranse a cabo a través da páxina web da Cámara de Comercio. Neste mesmo enlace, figura toda a información actualizada das empresas que asistirán. Aquelas persoas que desexen asistir deben inscribirse e comunícalo ao servizo de orientación laboral dos concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños, para que dita área do
Concello poida recompilar os datos dos interesados e tramitar o desprazamento.
As Feiras de Emprego enmárcanse dentro do Programa Integral de Cualificación y
Emprego (PICE) y están cofinanciadas por Fondo Social Europeo, Ministerio de Traballo e Economía Social, Cámara de España e Cámara da Coruña.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso