O venres 27 de maio o pavillón municipal acollerá exhibicións de todos os deportes e actividades lúdicas para os asistentes
O Concello de Ponteceso organiza para o vindeiro venres, 27 de maio, a clausura do curso das Escolas Deportivas Municipais. Desde ás 17.00 horas o pavillón municipal acollerá exhibicións con todos os deportistas que neste curso pasaron polas escolas e ao remate haberá actividade lúdicas para todos os asistentes.
O encontro comezará as 17.00 cunha presentación que irá seguida de exhibicións de tiro con arco, judo e danza. Para a demostración de patín sairán os Peques, Medianos e Grandes 1 e 2 de Ponte e Corme, así como Alicia Facal e Daniela Ures.
Un programa que está previsto que dure unha hora e media na que o público poderá ver todos os avances deportivos desenvolvidos ao longo deste curso.
Para rematar o encontro os nenos e nenas terán actividades lúdicas ata ás 21.00 horas con inchables e tenis de mesa entre outras actividades.
Descargas asociadas