Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo para solicitar os permisos para as cachelas

Os interesados poderán presentar as solicitudes ata as 14.00 h do 23 de xuño de 2022

Normas que rexerán no concello de Ponteceso a noite do 23 de xuño, noite de san Xoán, a todas as persoas que vaian facer cachelas:
1. Deberán montar as cachelas en lugares despexados que estean a un mínimo de 15,00 m de vivendas e árbores.
A zona de combustión da cachela terá como máximo 4,00 m de diámetro e 2,00 m de alto.
As persoas participantes deberán concentrarse a 4,00 m de distancia respecto ao perímetro exterior da cachela.
2. O material de combustión será leña, pólas, toro de árbores e madeiras vellas.
Queda prohibido queimar pneumáticos, plásticos, escuma de poliuretano, aceites, substancias que desprendan fume tóxico nin recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (spray) aínda que estean baleiros.
Queda prohibido montar cachelas debaixo de tendidos eléctricos, de telefonía, etc.
Queda prohibido montar a cachela en solo de dominio público pavimentado, con aglomerado ou preparado de calquera xeito que se poida danar co lume.
4. As persoas interesadas en montar unha cachela deberán solicitar autorización e vixiar o lume ata que estea totalmente apagado. Para asegurar que o lume queda apagado, empaparán a cinza con auga.
4. As persoas con autorización para montar as cachelas deberán coidar os arredores e coñecer o número deEmerxencias (112) e o de Incendios (085). Ademais, terán preto do lume unha mangueira ou auga en recipientes.
5. Incumprir estas normas suporá sancións administrativas.
6. As persoas interesadas en montar unha cachela deberán presentar a solicitude de autorización no RexistroXeral ou na Sede Electrónica do Concello, antes das 14.00 h do 23 de xuño de 2022
A autorización para montar a cachela non exime das responsabilidades por danos o u perdas que procedan no caso de incendio cando concorra neglixencia, imprudencia ou incumprimento das normas de prevención ditadas.

Concello de Ponteceso