Na actividade competirán unhas 16 parellas os martes e xoves pola tarde
O concello de Ponteceso organiza un torneo de pádel dirixido a maiores
de 17 anos. O campionato terá lugar na pista municipal de pádel de Corme
do 28 de xuño ao 12 de agosto, en concreto, os martes e os xoves de
17.30h a 22.30h.
Os interesados en participar poden inscribirse no consistorio ou a través
da sede electrónica do mesmo do 16 ao 22 de xuño.
No torneo competirán 16 parellas, que poden ser femininas, masculinas
ou mixtas. Terán preferencia aqueles que estean empadroados no
concello e, ademáis, formaranse dous grupos de competición por sorteo
cando peche o prazo de inscrición