Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso, con Carballo, o municipios da Costa con máis bandeiras azuis

As praias de Balarés, O Osmo e A Ermida presumen dende hoxe deste distintivo.

Nun acto celebrado esta mañá en Marín, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda entregoulle ao alcalde de Ponteceso, Lois Carballido, as tres bandeiras azuis que revalidou o municipio. Así, o Concello de Ponteceso continúa cun traballo o que quere sumar a praia de Niñóns.

O presidente da Xunta resaltou que estes estandartes son “un premio ao compromiso co patrimonio natural da comunidade e un recoñecemento á aposta polo turismo sustentable”. Ademais, Carballido aproveitou para presentarlle ao presidente o novo folleto turístico do municipio titulado ‘Ponteceso, naturalmente irresistible’ co que Alfonso Rueda quedou encantado.
As praias de Balarés, O Osmo e A Ermida foron premiadas coa bandeira azul por ser espazos cardio-protexidos e seguros. Os tres areais contan con desfibriladores automáticos e persoal capacitado para utilizalos.

O Concello de Ponteceso adquiriu tres equipos DEA que estarán colocados nas praias durante a tempada de verán e no inverno, será trasladados para o seu posible uso nas instalacións deportivas da zona e polos servizos de seguridade.

Deste xeito, o Concello de Ponteceso quere ofrecer un servizo que garanta seguridade aos usuarios das praias e tentar facer das áreas de grande afluencia, espazos cardio-protexidos, aumentando a seguridade da veciñanza e dos visitantes ao municipio.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso