As inscricións poden facerse a través da sede electrónica do Concello ou de maneira presencial no Departamento de Cultura e Deportes
O Concello de Ponteceso, en colaboración coa Deputación da Coruña oferta diversas
actividades para a tempada de verán. O prazo de inscrición abre este luns, 27 de xuño ás 09.00h e pechará o 29 de xuño ás 14.00h. Poderase solicitar praza nalgunha das actividades mediante a sede electrónica do Concello ou presencialmente no Departamento de Cultura e Deportes en horario de 09.00 a 14.00h. A maiores, tamén poden facer a súa solicitude na oficina municipal de Corme o luns 27 de 09.00h a 14.00h.
Entre as actividades dispoñibles:
- Clases de kaiak e pádel dirixidas a rapaces nacidos entre o 2006 e o 2013. Impartiranse os luns, mércores e venres na praia do Osmo (Corme) de 18.00h a 19.30h. Haberá 6 sesións por quenda tanto en xullo como en agosto e terán unha capacidade de entre 12 e 16 alumnos cada unha.
- Campamento Deportivo: Levarase a cabo entre o 11 ao 15 de xullo no pavillón de
Ponteceso con rapazada nacida entre o 2008 e o 2015. O horario será de mañá, de 10.20h a 13.50h e nel faranse clases de tenis mesa, bádminton, cachibol e unha ruta de sendeirismo. Hai 36 prazas dispoñibles.
- Campus de vólei praia: Hai 20 prazas dispoñibles para nenos e nenas nacidos entre o 2006 e o 2013. Terá lugar na praia do Osmo (Corme) entre o 18 e o 22 de xullo en horario de mañá (de 10.00h a 13.00h).
- Curso de pádel pista: Será do 26 ao 29 de xullo na pista de pádel de Corme. Haberá tres quendas dispoñibles polas mañás de catro sesións cada unha. As de iniciación faranse de 10.15h a 11.15h e as de nivel medio de 11.15h a 12.30h ou de 12.30h a 13.45h. Hai en total 20 vacantes.
- Saída ao Aquapark: A excursión será o día 3 de agosto e a ela poderán asistir os rapaces e rapazas nacidos entre o 2005 e o 2012. O bus sairá ás 11.00h de Corme e volverá ás 19.00h. Hai un bus dispoñible e as prazas iranse enchendo por orde de
inscrición.
- Curso de Vela da Deputación: Do 8 ao 12 de agosto no peirao de Corme haberá
quendas de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 20.00h. Hai 16 vacantes e ten un custo de 25€. A actividade está dirixida á rapazada empadroada nalgún concello da provincia da Coruña e que nacera entre o 2004 e o 2013. O prazo para anotarse remata o 20 de xullo.
- Taller de Abelorios: O Edificio das Escolas (Ponteceso) e a Casa do Mar (Corme) acollen este taller os martes e xoves pola mañá. Poden participar nel aqueles que teñan entre 6 e 16 anos. En Ponteceso o horario será de 11.00h a 12.00h e en Corme, de 12.15h a 13.15h. Hai 12 prazas por grupo.
- Danza Moderna: Unha actividade pensada para rapaces entre 12 e 17 anos que se
impartirá no Edificio das Escolas, en Ponteceso de 20.30h a 22.00h. Hai 20 prazas dispoñibles.
- Actividades Deportivas e Salvamento: Actividade dirixida a nenos e nenas de 4 a 16 anos. Levarase a cabo de luns a venres nas praias de Balarés, Arnela e Osmo do 1 de xullo ao 15 de setembro. Hai varias quendas dispoñibles (mañá e tarde) e só 10 prazas por cada unha. Poden facer a súa inscrición na web: www.fessga.es
Ademais, en Ponteceso levaranse a cabo varios eventos ao longo da tempada de verán,como a XXX Festa do Percebe en Corme (2 de xullo), o VI Certame Internacional de
Pintura "Sotomayor" en Ponteceso (23 de xullo), a Travesía a Nado, Abellariza na praia de Balarés (31 de xullo), a Feira de Artesanía Marusía en Corme (6 e 7 de agosto), o XXVIII Día da Bicicleta en Ponteceso (7 de agosto), a XVII Ruta Cicloturística en Corme (14 de agosto), o XV Festival de Habaneras en Corme (28 de agosto), Cine na Rúa, Camiñar na Noite, exposicións...
Deben ter en conta que os horario poden verse modificados segundo as necesidades e que cada unha das actividades precisan dun mínimo de persoas inscritas para poder levarse a cabo.
Descargas asociadas