Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso organiza unha nova edición das rutas “Camiñar na noite”


O actividade nocturna conta con 8 rutas que comezarán o próximo venres 8 de xullo























































Tras o éxito das pasadas edicións, o Concello de Ponteceso organiza un ano máis “Camiñar na noite”, que contará con 8 rutas de 6 quilómetros cada unha, aproximadamente, e que se celebrarán cada venres desde o próximo 8 de xullo ata o 26 de agosto. As rutas realizaranse entre as 21:30 e as 00:00 horas, e será imprescindible levar lanterna e chaleco reflector.
É preciso inscribirse previamente. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana, de 09:00 a 14:00 horas, a través da sede electrónica do Concello ou presencialmente, o Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme. Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico turismoponteceso@ponteceso.net.

As ruta son as seguintes:
8/07 Percorrido: Tella-Anllóns (Saída e chegada Campo da Feira, A Trabe)
15/07 Corme Aldea (Saída e chegada Igrexa)
22/07 Percorrido: Langueirón (Saída e chegada Igrexa)
29/07 Percorrido: Corme Porto (Saída e chegada Praza da Ribeira)
5/08 Percorrido: Xornes (Saída e chegada Local Social)
12/08 Percorrido: Brántuas e Niñóns (Saída e chegada: Pista deportiva)
19/08 Percorrido: Cospindo (Saída e chegada: Ponte de Ponteceso)
26/08 Percorrido: Cores-Nemeño (Saída e chegada: Local Social A Campara)


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso