Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

BANDO DA ALCALDÍA PARA O AFORRO DE AUGA

BANDO DA ALCALDÍA PARA O AFORRO DE AUGA
A situación de prealerta por seca, leva ao Concello de Ponteceso a facer públicas unhas serias recomendacións para o aforro de auga. Trala xuntanza da Oficina Técnica da Seca, queda de manifesto que estamos nunha situación de seca prolongada. O alcalde, Xosé Lois García Carballido, reuniuse coa dirección de Augas de Galicia e co resto dos Concellos da bacía do Anllóns, para analizar a situación e consensuar medidas a aplicar. Quedamos en informar á Consellería das medidas que estamos tomando, e da redución da demanda que conseguimos. A estación de aforo do río Anllóns amosa un preocupante descenso dos caudais con respecto a un verán normal, e non hai previsión de chuvias. Lembramos que o último episodio de seca se producira un mes de novembro, polo que compre empezar xa coa política de aforro extremo. Non se prevén cortes no abastecemento de auga potable en Ponteceso, pero necesitamos da axuda de todas e todos para reducir a demanda. A partir de hoxe, o Concello acordou limitar ao máximo a rega nas zonas verdes públicas, como mínimo reducíndoas nun 60%, e suprimir os usos non esenciais, coma o servizo de duchas nas praias. O baldeo de rúas e as fontes ornamentais, xa levan tempo anulados. Sentimos as molestias que se poidan ocasionar, pero é polo ben de todas e todos.
O Concello necesita da colaboración da cidadanía para lograr este aforro. Absolutamente, pedímosche que suprimas os usos innecesarios, lúdicos, da auga, como encher agora a piscina, ademáis dos consellos habituais de substutuír baño por ducha, e ter a billa pechada mentras fregamos a louza ou lavamos os dentes. Manter o caudal ecolóxico do Anllóns, danos seguridade de non ter cortes, como está pasando en moitos sitios de España, tamén no norte. O aforro de hoxe, é a garantía de auga de mañá.
As medidas manteranse ate novo aviso. Grazas por colaborar! Como fixemos na pandemia, Ponteceso será de novo un exemplo de civismo e solidariedade.

Concello de Ponteceso