Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso é declarado membro de ouro da rede galega de praias sen fume














































O Concello de Ponteceso recibiu hoxe, nun acto en Baiona, a categoría de membro de ouro da rede galega de praias sen fume por ter declarados todos os seus areais como libres de fume. Esta rede é promovida polo Programa de Promoción da Vida sen Tabaco da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Julio García Comesaña,conselleiro de Sanidade, entregoulle,hoxe venres á tenente alcalde, Noelia Varela, o diploma de Ouro da Rede Galega de Praias Sen Fume 2022, por ter declarado sen fume de tabaco os areais.
Desde o Concello, agradécese a concesión desta categoría de ouro e comprometese a
seguir traballando para facer dos espazos naturais do municipio os máis acolledores e saudables para toda a veciñanza e para todos/as aqueles que os visiten.

Concello de Ponteceso