O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte, en Corme, acolleu a representación teatral da obra “Recortes de Risa”.
O espectáculo, a cargo do grupo de teatro Xebrescena, que converteu noticias curiosas en auténticos enredos cómicos, sempre baixo nomes ficticios, pero en cuxas intervencións dos personaxes se evidencia ese costumismo galego, tivo moi boa acollida.
O evento, foi organizado pola Fundación Torres-Pujales en colaboración co Concello de Ponteceso e a Xunta de Galicia.
Descargas asociadas