O Concello de Ponteceso organiza o vindeiro sábado ás 20.00h da tarde, no Museo de Arte Contemporánea, en Corme, a presentación da Vía Céltica, os camiños de Santiago dende os portos de Bergantiños e a Costa da Morte.
Gozaremos da actuación das #pandereteiras do #Roncudo, e das intervencións de Suso Lista e o historiador Joam Evans.
O Camiño de Santiago Vía Céltica, dende os portos de Bergantiños e Costa da Morte, conta xa coa aprobación e a Compostela Oficial. Trátase dunha iniciativa que pode ser moi importante para o noso desenvolvemento turístico e económico e para poñer en valor a nosa historia e o noso rico patrimonio arquitectónico.
Todos os lugares que atravesan os camiños da vía céltica son igualmente importantes. Estamos a falar de moitos concellos da Costa da Morte e outros do interior da provincia da Coruña cara Santiago como son Xallas e Soneira.
É de suma importancia implicarnos na difusión de este camiño. Podes coñecer todos os itinerarios en www.viaceltica.com
Despois do acto haberá unha gran degustación de castañas asadas na praza dos voluntarios de Corme.
O Concello de Ponteceso agradece a colaboración da Asociación Costavales.
Ligazóns recomendadas