Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso conmemorou o Día Internacional do Cancro de Mama cun faladoiro





































Onte, ás 18:00 horas, na biblioteca municipal, levouse a cabo un faladoiro sobre o Cancro de Mama con motivo do Día Internacional.
Noelia Varela repartiu lazos rosa, facilitados pola xunta local do cancro de Cabana, entre os asistentes, como símbolo da loita contra o cancro de mama.
O evento, que comezou ás 18.00 horas, foi presentado por Noelia Varela , tenente alcalde do Concello de Ponteceso, ao que asistiron case unha trintena de persoas, entre elas a concelleira de Educación, Maite Chouciño.
Os participantes puideron compartir e participar no faladoiro distendidamente cos técnicos de radioterapia M. Begoña Calviño Dorado e Miguel Ángel Vázquez Pose ata ás 20.30 horas da tarde que finalizou o evento cun café.
Tanto os asistentes coma os poñentes do evento agradeceron á concelleira a organización do evento.

Concello de Ponteceso