Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso celebra en novembro o XXIX Ciclo de Teatro

Cada sábado pola noite haberá un espectáculo de teatro no salón de actos do Edificio das Escolas de Ponteceso

O Concello de Ponteceso, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza durante o mes de novembro a edición XXIX Ciclo de Teatro en Ponteceso.
O salón de actos do Edificio das Escolas acollerá ás 22:30 de cada sábado unha obra de teatro diferente. O Ciclo arrinca o 5 de novembro co espectáculo da Laberca Teatro, “De algo hai que morrer”. A semana seguinte tocaralle a Culturactiva SCG, que interpretará “Conexión Pingüin”. O sábado 19 de novembro será a quenda de Matrioshka Teatro coa súa obra “Comando Comadres” e, por último, o 26 de novembro pechará o Ciclo A Panadaría SCG co espectáculo “As que limpan”.
O aforo é limitado e as entradas poden reservarse no departamento de Cultura, na mesa semana da obra ou unha hora antes da función.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso