Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A comedia abriuse paso no XXIX Ciclo de Teatro de Ponteceso

A obra “De algo hai que morrer” fixo as delicias do público

A partir do luns, 07 de novembro, xa se poden reservar as entradas para a representación de “Conexión Pingüín” de Culturactiva SCG




































Este sábado, 05 de novembro, o salón de actos do Edificio das Escolas do Concello de Ponteceso casi colgou o cartel de aforo completo para a primeira función do XXIX Ciclo de Teatro.

A obra da compañía A Laberca Teatro, “De algo hai que morrer” fixo as delicias do público. Moito humor e moita comedia nesta conferencia fúnebre-cómico-teatral. Josue García e Xoque Carbajal foron quen de facer gozar aos asistentes durante os 60 minutos de pura diversión e entretemento.

A próxima representación do Ciclo de Teatro de Ponteceso será o vindeiro sábado, 12 de novembro ás 22:30 horas, coa obra “Conexión Pingüín” da compañía Culturactiva SCG. Para asistir á representación é preciso reservar as entradas contactando co Departamento de Cultura do Concello de Ponteceso (630 907 124) na mesma semana en que se representará o espectáculo, a partir do luns 7 de novembro, ou unha hora antes da función.

Concello de Ponteceso