Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso prepara obradoiros para adestrar a mente e o corpo para persoas maiores de 55 anos

Faranse dúas sesións á semana de hora e media de duración

O Concello de Ponteceso mantén o seu compromiso co fomento do envellecemento activo e está organizando obradoiros para adestrar a mente e o corpo. Estes talleres van dirixidos a persoas maiores de 55 anos e neles faranse actividades para reforzar a memoria, manualidades e pautas para manexar correctamente os dispositivos electrónicos.

As sesións aínda non teñen data de inicio nin días fixados, pero serán dúas clases á semana de unha hora e media de duración cada unha. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 55 anos en grupos de 15 a 20 persoas.

Concello de Ponteceso