O Centro Cutural de Ponteceso acolle un novo servizo para fomentar a formación.
Aula Mentor pretende dar unha alternativa formativa a persoas adultas que non teñen a posibilidade de participar en formacións presenciais, cuxo ritmo de aprendizaxe e/o dedicación require dun sistema totalmente flexible que non está suxeito a ningún tipo de horario ou prazo.
O Programa Aula Mentor ten como obxectivo mellorar a cualificación das persoas adultas, ampliar a súa cultura e promover o desenvolvemento das súas capacidades e competencias, utilizando contornas de formación apoiadas nas tecnoloxías da información e da comunicación.
Trátase dunha oferta formativa non regulada a distancia que se caracteriza por unha elevada flexibilidade e posibilidades de adaptación ás necesidades e ritmo de aprendizaxe da persoa adulta, así como ás esixencias de conciliación da vida persoal e profesional.
Contará con máis de 200 Cursos por áreas temáticas:
ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN AGRARIA
ARTES GRÁFICAS
COMERCIO E MARKETING
ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA HOSTALERÍA E TURISMO
IMAXE PERSOAL
IMAXE E SON
INDUSTRIAS ALIMENTARIAS
INFORMÁTICA E COMUNICACIÓNS
INSTALACIÓNS E MANTEMENTO
SANIDADE
SEGURIDADE E MEDIO
SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE
TÉXTIL, CONFECCIÓN E PEL
VIDRO E CERÁMICA
COMPETENCIAS LINGÜÍSTICAS. IDIOMAS
Nesta ligazón atoparás toda a inforamción https://www.ponteceso.gal/ga/web/index.php?dep=23&mod=des...
Descargas asociadas