Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso acollerá o “II Seminario de Defensa Persoal Feminina”

O período de inscrición será do 1 ao 15 de maio do 2023

O Concello de Ponteceso forma parte do circuíto en defensa persoal feminina co “II Seminario Intensivo de Defensa Persoal Feminina”, da Deputación da Coruña.
Un seminario dirixido a mulleres de idades comprendidas entre os 14 e 70 anos, que se levará a cabo o 20 de maio, no pavillón de Ponteceso, e ten unha de 4 horas e será gratuíto.
As persoas interesadas poderán inscribirse do día 1 ao 15 de maio do 2023.
Achegamos a ligazón onde estará dispoñible o formulario de inscrición


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso