Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso conmemora o día de Rosalía cun recital de Irma Macías e a degustación do Caldo de Gloria

















































Hoxe, 23 de febreiro, Ponteceso homenaxea a Rosalía de Castro cun recital de Irma Macías aberto a todas as persoas que desexen asistir, na Fundación Eduardo Pondal.
Un evento, organizado polo Concello de Ponteceso en colaboración coa Casa da Muller da Fundación Eduardo Pondal que preside o alcalde, Xosé Lois García Carballido, que comezará ás 18.00 horas cun recital de Poemas e haberá degustación do Caldo de Gloria que, nesta ocasión, será un evento moi relevante en toda Galicia xa que colaboran as tres fundacións de autores do rexurdimento: Curros Enríquez, Rosalía de Castro e a do noso poeta local Eduardo Pondal.
O grupo de teatro, da Casa da Muller, tamén ofrecerá unha fermosa interpretación dalgúns dos poemas de Rosalía.
Ponteceso é un dos poucos concellos que conta cunha ordenanza específica ante a conmemoración do Día de Rosalía que foi aprobada en pleno na pasada lexislatura.

Concello de Ponteceso