▪ O evento levarase a cabo o mércores 1 de marzo, de 10:30h a 12:00h na Oficina de Acelera PYME en Ponteceso.
▪ Inaugura o evento o alcalde de Ponteceso, D. Xosé Lois García Carballido.
▪ Contarase coa presencia do presidente da Deputación da Coruña, D. Valentín González Formoso, que pechará o acto e participará no networking coas persoas asistentes.
▪ Imparte a formación, Dna. Rebeca Facal Fuentes, experta en community manager, marketing e publicidade.
Xosé Lois García Carballido Alcalde de Ponteceso presentará a primeira das actividades da oficina de Dixitalización de empresas da Deputación da Coruña no Polígono de Tella.
Rebeca Facal, moi coñecida por ser a Presidenta do Baio CF e profesional das redes sociais, será a primeira poñente.
"Hai unha oportunidade única, para as primeiras trinta empresas e autónomas inscritas, de celebrar un café networking co Presidente da Deputación Valentín González Formoso e facerlle chegar en persoa as súas necesidades", aseverou o Alcalde.
A revolución tecnolóxica produciu un conxunto de cambios no mercado que implican a necesidade de coñecemento deste novo medio, o dixital. Empresarios e emprendedores precisan coñecelo e aproveitar todo o seu potencial. Xunto á transformación verde, a dixital, sitúase como piar fundamental da sociedade e o tecido económico que preténdese desenvolver nos próximos anos.
O obxectivo deste Obradoiro é realizar unha introdución no marketing dixital. Aportando unha visión global do sector e das ferramentas que están a disposición.
A finalidade práctica deste espazo divulgativo é que os asistentes, poidan situar o punto de partida do seu negocio e ter unha orientación, poñer o foco sobre onde comezar neste novo medio, proporcionándolle unha folla de ruta para planificar unha estratexia e un plan de contidos.
Con esta iniciativa pretende iniciar unha serie de charlas divulgativas para o tecido empresarial da provincia coa finalidade de axudar á transformación dixital do tecido empresarial, o coñecemento das axudas europeas entorno ao desenvolvemento empresarial, o fomento de novas iniciativas empresarias entorno a proxectos transformadores... Este conxunto de obradoiros irán modificando a súa temática en función das necesidades que xurdan entre as persoas empresarias e a folla de ruta establecida entorno ao desenvolvemento económica da provincia.
É necesaria a inscrición previa ao Obradoiro, a través do correo electrónico que lles facilitamos: oaprural@dacoruna.gal
As Oficinas Acelera Pyme da Deputación da Coruña e unha das postas en marcha en toda España por Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, que aporta ata o 80% do orzamento subvencionable e as entidades beneficiarias o resto. As actuacións están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation EU, no marco da axenda Dixital 2025 e o Plan de Dixitalización de PEMES 2021- 2025, cuxa cuarta medida do eixo de actuación "Dixitalización básica para las Pymes", inclúe a creación dunha rede de Oficinas Acelera pyme.