Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso presenta o seu programa de actividades para o 8M

















A Concelleira Noelia Varela, acompañada pola súa compañeira de goberno Maite Chouciño, polo alcalde, Xosé Lois García Carballido e polas técnicas Remedios Varela e Noelia Leis, presentaron no Local Social de Pazos o cartel dunha nova actividade que se vai a celebrar por primeira vez en Ponteceso un faladoiro de mulleres arredor do deporte.
O evento, que se vai celebrar o sábado 11 de marzo ás 19.30 horas da tarde no Edificio das Escolas, ten como lema “𝐅𝐚𝐥𝐚 𝐨 𝐝𝐞𝐩𝐨𝐫𝐭𝐞 𝐟𝐞𝐦𝐢𝐧𝐢𝐧𝐨, 𝐚𝐩𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐞 𝐦𝐚𝐫𝐜𝐚 𝐨 𝐭𝐞𝐮 𝐭𝐚𝐧𝐭𝐨”.
Neste faladoiro a concelleira de igualdade daralle voz a mulleres moi destacadas do deporte como, María Bardanca, una das 1ª futbolistas de fútbol sala da bisbarra, á corredora de rallyes Sandra García, a empresaria local, Olga Pose Chouciño e tamén intervirán Eva Carril Castro, que foi futbolista e agora é adestradora da familia do F.C. #Ponteceso e as directivas do #Corme F.C., como Higinia Vidal e María Álvarez Bugallo. Tamén falará unha deportista veterana das actividades municipais como é Cándida Rivera e por último intervirá Miriam Amador Vázquez, licenciada en INEF.
A parte emocionante vai a ser o recoñecemento que o Concello lle vai facer ás mulleres que destacaron este ano na práctica deportiva en disciplinas tan variadas como tiro con arco, baloncesto, judo ou fútbol entre outras actividades relacionadas coas Escolas Deportivas Municipais.
A Concelleira de Igualdade do Concello de Ponteceso, Noelia Varela, tamén convidou a todas as mulleres e a todas persoas comprometidas coa igualdade a participar nas actividades que propón o Concello ao redor do 8M, así como a participar na manifestación feminista convocada polos colectivos feministas de Ponteceso.
Lembra que aínda quedan prazas para viaxar a Santiago de Compostela a unha visita guiada o 8 de Marzo denominada “𝐀 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐌𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬”.
Un autobús sairá da praza do recheo de Ponteceso as 09.30 horas da mañá e regresará de Santiago de Compostela ás 20.00 horas. A viaxe inclúe visitas guiadas ás zonas de Santiago máis relacionadas coa historia das mulleres e tamén un xantar de confraternidade de todas as participantes.
A actividade é de balde para todas as mulleres. O luns e o último día para inscribirse.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso