Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso clausurou, o venres 17 de marzo, a primeira quenda do curso “Mellora a túa horta”

Vinteoito alumnos/as comezarán a segunda quenda o luns 20 de marzo

Onte, o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido entregou os diplomas e os agasallos de Agromens e Coreber de Pazos aos vinteseis participantes da primeira queda do curso “Mellora a túa horta” no edificio das Escolas de Ponteceso
O obxectivo deste curso foi dotar aos alumn@s das ferramentas básicas para poder interpretar e solucionar os diversos problemas que poidan ter na horta e mellorar a eficiencia das mesmas.
Os alumnos aprenderon principios básicos da bioloxía e
fisioloxía das plantas, a preparación do terreo, diferentes técnicas de cultivo, de fertilización e os factores climáticos . O profesor tamén explicou as diferentes enfermidades e pragas que se poden atopar na horta.
A vindeira semana comeza a segunda quenda na que participarán 28 persoas.


Concello de Ponteceso