“Quero dar as gracias á Deputación porque Ponteceso vaise beneficiar do primeiro grande impacto económico dos 1.5 millóns de euros do plan da Deputación da Coruña “Fogóns do Anllóns” premiado polo Ministerio de Turismo” declarou o Alcalde Lois Carballido.
Os catro días de Festa en Ponteceso repartirán máis de dez mil racións de paella de marisco a oito euros, para comer na praza ou para levar. Tamén se poderá mercar polbo, ameixas, mexillóns, empanada, langostinos, e churrasco a prezos populares.
A música de rúa dominará os catro días de Festa, coa ruta do mexillón polos bares colaboradores de Ponteceso, que exhibirán a súa oferta nunha grande pantalla dixital na carpa gastro da praza do Recheo de Ponteceso.
Ponteceso volve poñer o mandilón da man da Deputación e agarda milleiros de visitantes en Semana Santa coa 3a Festa Marisqueira de Ponteceso e a volta das procesións relixiosas a Corme.
Ponteceso multiplica por oito o éxito da célebre paella con berberechos do Anllóns na praza do Recheo da Festa Marisqueira que se celebrou antes da pandemia. Agora poderá disfrutarse de xoves a domingo de semana santa en horarios de mañá e tarde ao mesmo prezo de 8 euros. Unido á volta da fermosa Semana Santa relixiosa a Corme, con numerosos actos relixiosos e emotivas procesións nocturnas polas rúas de Corme, acompañadas pola banda Nosa Señora do Nordés-OJE da man do Concello de Ponteceso, os venres 31 de marzo, e 7 de abril. “Vimos o grande éxito da paella e dixemos, por que non paella os catro días da Semana Santa?” explicou o Alcalde.
Mandilón de tela, apoio da Deputación da Coruña, e a unión de música e marisco, esta vez con 1.5 millóns de euros do plan de sostibilidade turística en destino, van atraer a Ponteceso milleiros de visitantes esta Semana Santa.
“A Deputación confirmounos que a acción entra nos epígrafes de “recuperación da barreira do río Anllóns para mellorar as condicións para o marisqueo”, Eixe 1/actuación 1, ou a “creación de produtos turísticos paquetizables vinculados á gastronomía”, eixe 4/actuación 16, do plan de sostibilidade turística Fogóns do Anllóns e estamos encantados, ao potenciar o consumo dun prato tan saudable como a paella de marisco con berberechos do Esteiro do Anllóns” confirmou o Alcalde. Este plan está galardoado con 1.5 millóns de euros polo Ministerio de Comercio e Turismo do Goberno de España, dentro do plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea. “Sempre dixen que Ponteceso vai ser o que máis se beneficie do plan por ser o gran núcleo de servizos e hostalería da desembocadura do Anllóns, e polo que representa o Monte Branco, a duna rampante máis alta de Europa.”
“Quero dar as gracias á Deputación porque Ponteceso vaise beneficiar do primeiro grande impacto económico dos 1.5 millóns de euros do plan da Deputación da Coruña “Fogóns do Anllóns” premiado polo Ministerio de Turismo” declarou o Alcalde Lois Carballido.
O Alcalde felicitou á Deputación, que preside Valentín González Formoso, co bo traballo do bergantiñán Xosé Regueira á fronte de Turismo, por conseguir o premio do Ministerio.
“O berberecho vai moi caro, e escaso, para unha comida principal el so, pero nos catro días de Festa en Ponteceso repartiranse mais de dez mil racións de paella de marisco a oito euros, para comer na praza ou para levar, así que o prato está ao alcance de todos os petos. Tamén se poderá mercar polbo, ameixas, mexillóns, empanada, langostinos, e churrasco” explicou o Alcalde.
A música de rúa dominará os catro días de Festa, coa ruta do mexillón polos bares colaboradores de Ponteceso, que exhibirán a súa oferta nunha grande pantalla dixital na carpa gastro da praza do Recheo de Ponteceso.
“Os bares colaboradores de Ponteceso van ter tapas gratis de mexillón, música de rúa na porta e a súa imaxe vaise proxectar na grande pantalla led da praza do Recheo durante os catro días da Festa” declarou o Alcalde. “A Festa vai beneficiar como nunca o pequeno comercio local.”
Info sobre a Festa: whatsapp 665328775 ou xose.garcia@ponteceso.gal
Programa3ª Festa Marisqueira
6 ao 9 de Abril de 2023
Praza do Recheo, Ponteceso
Xoves 6
3º Festa Marisqueira
19.30 horas. Pasarrúas
Simba Sambou de León
Apertura da Carpa Gastro
21.00 horas
La Duendeneta de Vilagarcía
Carpa gastro. Pulpo, Ameixas, Berberechos, Mexillóns, Langostinos,
Paella e Empanada de Berberechos das Ribeiras do Anllóns, Churrasco.
VENRES 7
3º Festa Marisqueira
12.30 horas. Pasarrúas
Bloco Meigallo de Lugo
Ruta Marisqueira
Hostalaría da Vila
Petíscos de Mexillón.
14.00 horas
La Duendeneta de Vilagarcía
17.30 horas.
Peche da Carpa Gastro
19.30 horas. Pasarrúas
Zumbalé de Madrid
Apertura da Carpa Gastro
21.00 horas.
La Duendeneta de Vilagarcía
Peche da Carpa Gastro
Carpa gastro. Pulpo, Ameixas, Berberechos, Mexillóns, Langostinos,
Paella e Empanada de Berberechos das Ribeiras do Anllóns, Churrasco.
SÁBADO 8
3º Festa Marisqueira
12.30 horas. Pasarrúas
La Duendeneta de Vilagarcía
Ruta Marisqueira
Hostalaría da Vila
Petíscos de Mexillón.
14.00 horas
Mekanika Roling Band da Coruña.
17.30 horas.
Peche da Carpa Gastro
19.30 horas. Pasarrúas
Kilomberos de Monte Alto da Coruña.
Apertura da Carpa Gastro
21.00 horas.
Los Mecánicos da Coruña.
Peche da Carpa Gastro
Carpa gastro. Pulpo, Ameixas, Berberechos, Mexillóns, Langostinos,
Paella e Empanada de Berberechos das Ribeiras do Anllóns, Churrasco.
DOMINGO 9
3º Festa Marisqueira
12.30 horas. Pasarrúas
Latexo de Compostela
14.00 horas
Jinetes del Trópico de Monforte
17.30 horas.
Peche da Carpa Gastro
-
Carpa gastro. Pulpo, Ameixas, Berberechos, Mexillóns, Langostinos,
Paella e Empanada de Berberechos das Ribeiras do Anllóns, Churrasco.