Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

As obras do colector da Trabe que evitará o anegamento de baixos e negocios xa están en marcha

























No Concello de Ponteceso comezaron as obras do colector da Trabe. Trátase dun proxecto que, nos días de choiva intensa, evitará a saída de ata 2 metros cúbicos de auga por segundo á Avenida Eduardo Pondal. Esta cantidade representa toda a auga que baixa pola Vereda, Campo da Feira e Avenida do Anllóns, impedindo así que desborde o saneamento e asolague os comercios da zona. O colector da Trabe desviará a auga cara o Xuncal da Ferradura, asegurando que a Avenida Eduardo Pondal non sufra as consecuencias das choivas torrenciais.
O proxecto, aprobado por unanimidade no pleno municipal, está financiado integramente pola Deputación da Coruña e conta cun orzamento de 233.892,93 €. O Concello soamente sufragou os custos do proxecto. O Concello de Ponteceso agradece á Deputación da Coruña o apoio financeiro para este importante proxecto que beneficiará a todos os cidadáns e comerciantes da zona.
Co colector da Trabe, o Concello de Ponteceso demostra o seu compromiso coa seguridade e o benestar dos seus cidadáns, así como co coidado do medio ambiente e a eliminación dos riscos asociados ás choivas torrenciais.
O Concello agradece o apoio de todos os grupos do pleno a esta obra tan importante para evitar as inundacións.

Concello de Ponteceso