O Concello de Ponteceso publica os horarios e as clases definitivas da Escola de Música Social de Ponteceso. Podes inscribirte nos cursos de canto, guitarra, música electrónica, solfexo, piano, canto popular, batería e instrumentos de vento e música e movemento.
As clases impartiranse no Edificio das Escolas e os horarios son os seguintes:
• Os luns:
Canto I, de 7 a 11 anos ( 16.30 - 17.30 h )
Guitarra I, de 7 a 11 anos ( 17.30 – 18.30 h )
Canto II, a partir de 12 anos ( 18.30 – 19.30 h )
Guitarra II, a partir de 12 anos ( 19.30 - 20.30 h )
Música electrónica, a partir de 12 anos ( 20.30 – 21.30 h )
• Os martes:
Música e Movemento I, 3 e 4 anos ( 15.30 - 16.30 h )
Música e Movemento II, 5 e 6 anos( 16.30 -17.30 h )
Solfexo, a partir de 7 anos ( 17.30 – 18.30 h )
Piano I, de 7 a 11 anos ( 18.30 - 19.30 h )
Piano II, a partir de 12 anos ( 19.30 – 20.30 h )
• Os mércores e os venres:
Canto popular ( 10.00 - 11.00 h )
Instrumentos de vento I (11.00 - 12.00 h )
Instrumentos de vento II ( 12.00 – 13.00 h )
• Os sábados:
Batería I, de 7 a 11 anos ( 11.30 - 12.30 h )
Batería II, a partir de 12 anos ( 12.30 – 13.30 h)
O prazo de inscrición pecharase o mércores 26 de abril ás 14.00h. Poderase solicitar praza a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso ou de maneira presencial nos departamentos de Cultura e Deportes e na oficina municipal de Corme en horario de 09.00h a 14.00h.
As clases comezarán o 2 de maio, as prazas son limitadas. Ademais, as prazas adxudicaranse por sorteo público que se levará a cabo o xoves e terán preferencia as persoas empadroadas.
Descargas asociadas