A competición terá lugar o sábado 29 e o domingo 30 de abril
O areal pontecesán de Balarés será o escenario, o vindeiro 29 e 30 de abril,
da 1ª xornada da Liga Galega de Salvamento e Socorrismo en augas abertas
nas categorías cadete, xuvenil, alevins e infantís o sábado e o domingo pola mañá júnior e absolutos. A proba desenvolverase dende as 10.00 horas. O
vindeiro fin de semana pasarán por Balarés entre o sábado e o domingo
máis de 550 deportistas repartidos en tres sesións.
O sábado pola mañá será a categoría catete xuvenil o sábado pola tarde
competirán os alevins e infantís e o domingo pola mañá competirán os
júnior e absolutos. Os deportistas catedes xuvenís realizarán variadas
probas como nadar surf, carreira con táboa de salvamento, e rescate con
táboa de salvamento.
Os alevins e infantís disputarán as probas de bandeiras na praia e carreira
con hyper de salvamento e o relevo sprint praia estas últimas probas. Tanto
relevos como sprint praia son probas de área, unha de velocidade e outra de
axilidade na area. As probas que van disputar o júnior absoluto e o máster son carreira con táboa de salvamento, rescate con táboa de
salvamento, nadar surf.
E o domingo realizarase unha proba especial que agora ten tendencia de ser
olímpica se algún momento se acada ese obxectivo. Trátase dunha proba
piloto denominada Oceam e o domingo será a primeira vez que se realiza
en Galicia.
O Concello de Ponteceso colabora activamente la celebración desta
primeira xornada da 1ª Liga Galega de Salvamento e Socorrismo.