CONCELLO DE PONTECESO
Concello :: Novas
Este domingo temos unha actividade moi especial sobre un dos protagonistas dos espazos naturais no outono, os cogomelos.
Así que da man do experto micólogo José Manuel Castro Marcote, presidente da Asociación Pan de Raposo, imos coñecer un pouco máis destes apetitosos seres e tamén aprender a tomar precaucións para practicar a micoloxía con total seguridade.
Se traedes exemplares que atopedes nas vosas saídas aproveitaremos para recoñecelas, e se xuntamos suficientes faremos unha pequena exposición. Neste caso, lembra traelos enteiros e gárdaos nun recipiente que transpire para que se manteñan en boas condicions.
Vémonos o domingo 12 de novembro no Centro Cultural de Ponteceso ás 11 da mañá.
Descargas asociadas