O alcalde do Concello de Ponteceso, José Manuel Mato, vén de
activar o Plan Local de Continxencias por contaminación mariña accidental tras reunirse coas autoridades locais en materia de seguridade.
📄O documento, neste primeiro nivel de emerxencia,
prevé actuacións en 2 liñas: 1️⃣ A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil intensificará a vixilancia nos areais.
2️⃣ No caso de atopar pellets se establecerán equipos de limpeza co persoal do Concello, se contactará coas entidades medioambientais e se organizarán xornadas con voluntarios para recoller os microplásticos de xeito adecuado.