O artigo 42 da Ordenanza núm. 22 xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria (publicada no BOP núm. 239, do 19/12/2011) establece que a Alcaldía poderá ditar disposicións que regule o horario permitido para realizar as operacións de carga e descarga.
Tendo en conta o anterior, dispoño:
Primeiro.—No relativo ao estacionamento de vehículos no casco urbano de Ponteceso,
atenderáse en tódalas rúas do mesmo ao establecido na sinalización vertical que en cada momento se dispoña.
Segundo.—As operacións de carga e descarga de mercadorías levaránse a cabo de conformidade co disposto nos artigos 38 a 49 da Ordenanza número 22, xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, nos espazos debidamente sinalizados ao efecto, coas marcas viais e sinais regulamentariamente establecidas
Terceiro: De conformidade co artigo 42.2 e 1) da Ordenanza núm. 22 xeral municipal sobre
tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria (publicada no BOP núm. 239, do 19/12/2011) no que se establece que a Alcaldía poderá ditar disposicións que regule o horario permitido para realizar as operacións de carga e descarga, esta Alcaldía considera necesario limitar o horario de carga e descarga de mercadorías nas horas nocturnas , dado que afecta ao descanso da poboación polo que:
QUEDA PROHIBIDA AS OPERACIÓNS DE CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS ENTRE AS 23.00 DA NOITE E 7:00 DA MAÑÁCuarto.- É obrigarorio deixar limpa a vía pública e limpar inmediateamente despois da carga e descarga os pozos e os sumidoiros que estean afectado. No caso de non o facer, o Concello adoptará as medidas legalmente previstas na Ordenanza xeral de limpeza e medio natural e demais bens de dominio publico.
Quinto.- O presente Bando entrerá en vigor ás 8:00 horas do día seguinte a súa firma, debendo
procederse á publicación do seu texto íntegro nos medios de comunicación social e no Taboleiro de Anuncios do Concello, así coma dar traslado do contido do mesmo á Policía Local para o seu efectivo cumprimento, e á brigada de obras para operar o cambio da sinalización que proceda.
Descargas asociadas