Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

PONTECESO PON EN MARCHA O PROGRAMA RESPIRA VERÁN 2024

 O prazo de inscrición está aberto desde o 10 ata o 17 de xuño
 Conta con 95 prazas totalmente gratuítas dirixidas a mozos e
mozas empadroados no Concello de entre 3 e 16 anos
 A iniciativa desenvolverase de 9:30 a 13:30 horas durante os 22
días laborables de xullo e os 21 de agosto.

Este luns, 10 de xuño, ábrese o prazo para inscribirse no
programa de conciliación ‘Respira Verán 2024’, que terá lugar durante os
meses de xullo e agosto en Ponteceso.

O programa conta con 95 prazas totalmente gratuítas dirixidas a mozos e
mozas empadroados no Concello de entre 3 e 16 anos, que realizarán
actividades de todo tipo, mesturando opcións lectivas con outras máis
lúdicas.

A iniciativa desenvolverase de 9:30 a 13:30 horas durante os 22 días
laborables de xullo e os 21 de agosto.
Deste xeito, o Concello repartirá o servizo en catro parroquias. A de
Ponteceso contará con 30 prazas, as mesmas que haberá na Campara. En
Pazos ofreceranse 20 e en Corme, 15.

As inscricións poden realizarse entregando o formulario de inscrición no
Concello a partir deste luns, ata o 17 xuño. Para máis información está
habilitado o teléfono 881 983 223.

Deste xeito desde o Concello de Ponteceso pretenden facilitar a conciliación
familiar durante o verán, unha época non lectiva, na que é máis complexo
adaptar a vida cos pequenos e pequenas da casa ao ámbito laboral.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso