Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE NAS ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO MUNICIPAIS

O Concello de Ponteceso pon en marcha unha nova edición das actividades de envellecemento activo dirixidas ás persoas maiores de 60 anos, co obxectivo de promover un estilo de vida saudable e fomentar a participación social. Estas actividades, presentadas onte pola concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez, e pola educadora familiar Loli Blanco, desenvolveranse ao longo de dous cuadrimestres e inclúen talleres de memoria, uso de móbiles, coiro, cestería, manualidades e arranxos florais, entre outros.

A inscrición para participar nas actividades do primeiro cuadrimestre estará aberta dende mañá, 23 de outubro, ata o 30 do mesmo mes, e poderá realizarse de forma presencial no departamento de Servizos Sociais ou a través da sede electrónica do concello. A participación está limitada a persoas maiores de 60 anos, aínda que, no caso de quedar prazas vacantes, tamén poderán participar persoas de máis de 55 anos que se inscribiran.
As actividades darán comezo o 4 de novembro e están distribuídas por diferentes localizacións, tales como a Casa do Mar de Corme, Corme-Aldea, o Edificio das Escolas, Brantuas, Anllóns, Pazos, Xornes e Tella. Os horarios poderán axustarse segundo as necesidades que vaian xurdindo e haberá un sorteo público no caso de que a demanda supere a dispoñibilidade de prazas. Este sorteo terá lugar o 31 de outubro ás 11:00 horas no salón de plenos do Concello.
A concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez, destaca a importancia destas actividades para o benestar da poboación maior: “O noso obxectivo é seguir traballando para que as persoas maiores do noso municipio teñan acceso a un programa variado que lles permita mellorar a súa calidade de vida, tanto a nivel físico como emocional, ao tempo que fomentamos as relacións sociais”.
As prazas son limitadas e requírese un mínimo de participantes para a realización de cada actividade, polo que dende o Concello anímase á cidadanía a inscribirse o antes posible. As persoas interesadas en obter máis información poden contactar co departamento de Servizos Sociais no teléfono 881 983 223 ou consultar a páxina web oficial do concello: www.ponteceso.gal.
As persoas interesadas poden descargar aquí abaixo o formulario de inscrición.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso