Unha delegación de Ponteceso visita o Centro Galego da Información
Unha delegación cultural de Ponteceso formada polo Alcalde
José Luis Fondo Aguiar, o Presidente da A.C Monte Branco,
José María Varela Varela, e o Profesor de Historia no IES Ponteceso
Luis Giadás, visitou hoxe o Centro Galego da Información, en Santiago, para entregarlle un busto de Pondal a Isaac Díaz Pardo pola
súa traxectoria galeguista e colaboración con Ponteceso en numerosas ocasións.
Descargas asociadas