CONCELLO DE PONTECESO
Concello :: Novas
Publicáronse no BOP da Coruña as bases do "PEL-PEMES CRE/AMP 2025" para a contratación e ampliación do cadro de persoal de pemes e autónomos (hai que esperar á publicación da convocatoria para poder solicitar que sairá próximamente).
Gastos subvencionables:
Custos salariais e de seguridade social da contratación dun/dunha traballador/a a xornada completa ou parcial durante un período máximo de 12 meses dentro da anualidade 2025.
Contía:
Ata o 70% do orzamento subvencionable cos seguintes límites:
- Mínimo 1.000€.
- Máximo 15.000€.
Prazo de solicitude:
Hai que esperar á publicación da convocatoria (próximamente).
Enlace ás ditas bases:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/02/11/2025_0000000896.html
Ligazóns recomendadas