Ao acto asistiron numerosos veciños da parroquia
O pasado sábado 11 de xullo, o Concello de Ponteceso homenaxeou, xunto cos veciños de Tella, aos irmáns Moreira, precursores do acordeón mariñeiro. O acto foi presentado pola concelleira de cultura,
Susana Cousillas, e nel interviron
Xosé Manuel Varela, que explicou aos veciños a importancia dos Irmáns Moreira na cultura galega, e
Pazos de Merexo, acompañado do seu acordeón. Máis de duascentas persoas asistiron ao acto.