O Concello comezará a semana vindeira, o obradoiro dirixido a asociacións do Concello que queren ter a súa propia páxina web.
O Concello de Ponteceso continúa co seu Plan de Alfabetización Dixital e pon en marcha "creaweb", unha ferramenta incluída dentro de ponteceso.net que permitirá as asociacións ter
o seu propio portal web.
O Concello
ofrecerá toda a formación necesaria para aprender a manexar a ferramenta. Para iso, nos vindeiros días, as asociacións do noso termo municipal, recibirán unha invitación para unirse ó proxecto.
A
adhesión a creaweb e ó obradoiro formativo deberá formalizarse chamando ó 981 714 000 ou polas tardes ó 981 714 622.