Tanto para nova matrícula como para continuar no centro
Ábrense os prazos de solicitude de praza para o vindeiro curso 2011/2012 na Escola Infantil A Galiña Azul de Ponteceso (nenos e nenas de 0 a 3 anos): A preinscrición será do
22 de marzo ó 16 de Abril. Esta documentación poderase recoller na mesma escola
en horario de 9:00 a 16:00 ou tamén cubrir a solicitude en liña que como formulario electrónico se atopará na páxina web: www.igualdadebenestar.org e posteriormente presentará esa mesma solicitude impresa na Escola Infantil.
Ligazóns recomendadas