Acto central en Ponteceso
Dende as 11.00h ás 13.30h do xoves 8 de marzo, dúas voluntarias estarán na praza do Relleno en Ponteceso, repartindo chocolate quente a todos os que se acheguen a
deixar a pegada ou a escribir unha frase nos murais que colocaremos, e repartirémoslles, só ás mulleres, unha presa de caramelos como recxoñecemento ao seu traballo. Tamén expoñeremos algunhas fotografías (en papel de color) de mulleres traballadoras do noso concello.