O Concello promociona a lectura e o libro entre os máis pequenos
Para continuar promocionando este mes do libro, o Concello de Ponteceso programa para o
vindeiro venres 11 de abril, unha visita da ciclobiblioteca ás escolas da localidade (unitarias do CRA, colexio Eduardo Pondal e colexio As Forcadas).
Tentamos así
promocionar o libro e a lectura a través da animación con contacontos, obradoiros, xogo.
Ciclobiblioteca é unha
biblioteca transportada nunha bicicleta e guiada por un especialista da animación, sorprenderá a todos/as e aportará unha visión divertida e diferente da actividade lectora.