Os nosos maiores de Corme-Aldea disfrutan, xa, das xornadas de ocio organizadas polo Concello
Onte vivimos a primeira das xornadas de ocio que o Concello de Ponteceso organiza na Casa dos Veciños de Corme-Aldea. Trátase de actividades culturais como xogos, cantares e manualidades.
Continuarán durante os meses de
abril e maio, os
martes e xoves, de 16:00 a 17:30.