Establecemento dun sistema de colaboración entre a Policía Local de Ponteceso e as Forzas de Seguridade do Estado
O Concello de Ponteceso unirase o vindeiro
venres 23 de setembro ao protocolo de colaboración xeral subscrito entre a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio do Interior para o establecemento de medidas de atención a vítimas de violencia de xénero nos concellos. Celebrarase unha Xunta de Seguridade en Ponteceso, copresidida polo Subdelegado do Goberno e o Alcalde
ás 12.00h no salón de plenos do Concello.