Aberto o prazo de inscrición para a primeira actividade
O
mércores 5 de outubro ábrese o prazo de inscrición para participar na primeira actividade da Escola municipal da terceira idade "Susa da Chasca". Esta primeira actividade,
"Súbete ao carro" inclúe un conxunto de actividades destinadas a
formar no chamado envellentamento activo dos nosos maiores. As actividades da escola están dirixidas a
persoas maiores de 55 anos. Inscrición no Departamento de servizos sociais 981 714 000 ext.3 e Oficina Municipal en Corme 981 738 428.
Descargas asociadas
Ligazóns recomendadas